GALIZA | CAMIÑOS


Hai novas e vellas historias que coñecer en Galiza. Novas e vellas experiencias que repetir con novas e vellas persoas. En  c u n c a   editora seguimos a traballar en distintos proxectos que afondan no noso territorio e na nosa cultura.
Próximamente presentaremos máis novas.

Proxecto 2022 | 3 volumes

Tapa branda, 16x16cm

GALIZA | GUIAS


Hai moitas experiencias para vivir en Galiza. Lugares descoñecidos e altitudes inalcanzables para explorar de novos xeitos. En  c u n c a   editora traballamos para contarche os segredos agochados da nosa xeografía.

Proximamente presentaremos máis novas.

Proxecto 2022

Tapa branda, 24x16cm

GALIZA | CULTURA


Un achegamento visual á Galiza contemporánea nunha serie de títulos destinados a retratar distintos aspectos da nosa cultura dende unha perspectiva actual.


Traxes na Galiza

[Finalista como mellor Iniciativa Bibliográfica na Gala do Libro 2017]
Tapa branda, 21x24cm, 144 páxinas,

25€

A mirada da fotógrafa ourensana Paula Gómez del Valle, reflicte con potencia e humanidade a beleza do traxe galego, nunha serie de fotografías que mergullan o espectador na pluralidade do sector do traxe tradicional na Galiza.

Información



CUNCA | SERVIZOS EDITORIAIS


c u n c a   é unha editorial que xorde en Santiago de Compostela co propósito de acadar un oco na industria editorial galega. O seu eido é o libro fotográfico, de divulgación, con temática decididamente arraigada no noso territorio, explorando as distintas vertentes da nosa cultura –os distintos perfís do noso país.

O noso obxectivo é recoller con eficacia e profesionalidade unha serie de temas e tratalos con renovado interese, para transmitilos ao noso público en consonancia coas súas expectativas, enfocando naqueles puntos máis salientables da nosa cultura e xeografía.

Ofrecemos distintos servizos editoriais, apoiados en máis de 10 anos de experiencia do noso equipo en tradución, xestión editorial, maquetación ou deseño editorial.

IOLANDA MATO CREO


Tradutora xurada e xestora editorial con máis de dez anos de experiencia como corretora e coordinadora editorial en empresas como Editorial Xerais, Rinoceronte ou SM. +info

IGNACIO MASCUÑÁN


Director de proxecto e técnico editorial con ampla experiencia en traballos de maquetación e deseño editorial para Europublic, Sacyr, Inditex, Tulipa Editora, etc.

PENSANDO EN GALIZA


Santiago de Compostela, 2016

info@cunca.es | facebook













2016-2021